Información    Que son os grupos de desenvolvemento?
Que son os grupos de desenvolvemento?

O programa Leader de cada territorio deséñao e execútao un Grupo de Desenvolvemento (GDR), que é unha entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento a través da cal, ponse en marcha o programa en cada un dos territorios Galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento FEADER). Trátase dunha asociación constituída por todas as entidades do ámbito institucional, económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexen implicarse no programa Leader do seu territorio. Estes grupos funcionan como calquera asociación sen fin de lucro e deben cumprir o principio de “portas abertas” pola que tanto para a súa constitución como posteriormente están obrigadas a admitir a calquera organización do seu territorio que desexe participar no proxecto.

Poden ser socios dos GDR asociacións de calquera ámbito, cooperativas,comunidades de montes veciñais, organizacións profesionais agrarias,...

As persoas físicas e as empresas individuais non poden formar parte directamente, senón a través de asociacións ou outro tipo de entidades representativas. Nos órganos de decisión dos GDR os representantes do sector privado son a maioría.
 

GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.